Pepón e un programa dirixido a nenos e nenas de curta idade, no que se lles oferta a posibilidade de aprender e por en practica os seus coñecementos mediante una serie de xogos e contos interactivos de fácil acceso e resolución. Abrangue diversas áreas de coñecemento, dende as cores e as formas ata os números e os sons.
Cada actividade deste programa atópase reforzada con numerosas animacións e elementos sonoros por exemplo: cando queremos clicar na opción xogos, o colocar o curso encima desa palabra unha voz lera a mesma, o que facilita a comprensión do que a continuación vas a facer, e como neste exemplo esta situación repítese en todas as opcións que nos oferta Pepón. Ademais desto a explicación dos xogos realizase por medio de elementos sonoros reforzados e acompañados de animacións.
O programa respeta totalmente a diversidade e diferenzas raciais ou de xénero e cultura posto que os personaxes das actividades que contén son animais e bonecos que carecen desta distinción e que polo tanto non fan diferenzas nin discriminacións de ningún tipo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario