miércoles, 19 de mayo de 2010

"Publisher"


Outra ferramenta que debemos destacar para o traballo coas nntt na aula é o programa de microsoft word "publisher". Con este programa podemos crear, entre outras cousas, folletos impresos como invitacións, calendarios, felicitacións, folletos informativos .... e paxinas web. ainda que se poden empregar para calquera outra cousa son moi útiles no ábito educativo, xa que a través del podemos facer webs pa a aula nas que os alumnos deberán resolver exercicios e buscar información, de modo que o mestre poda avalialos dacordo co que eles realicen na web en cuestión.

"Hot potatoes"

Este programa emprégase para crear xogos e actividades para os alumnos do tema que se desexe.Conten numerosos modelos de xogos para tomar como referencia: dende crucigramas ata exercicios de completar frases e ordear ou unir palabras.
Está deseñado especialmente para mestres pero podería empregalo calquera outra persoa interesada en facer excercios e atividades sinxelas para calquera idade e de calquera tema.
A continuación mostrarei unhas imaxes dalgunhas actividades creadas por min mesma durante o curso.





"Pepón"



Pepón e un programa dirixido a nenos e nenas de curta idade, no que se lles oferta a posibilidade de aprender e por en practica os seus coñecementos mediante una serie de xogos e contos interactivos de fácil acceso e resolución. Abrangue diversas áreas de coñecemento, dende as cores e as formas ata os números e os sons.


Resulta tanto atractivo como fácil de empregar, nun primeiro lugar porque as cores e imaxes que se empregan son simples, cooridas e de doadamente recoñecibles polos nenos xa que se atopan con elas na súa vida cotiá. Por outra banda tamén e doado de usar xa que xunto doas letras que aparecen nos lugares onde hai que clicar para comezar un xogo os usuarios poden escoitar unha voz facilmente comprensible que le todo canto aparece baixo o punteiro, ademais de explicar tanto visual como vocalmente cada xogo.

Cada actividade deste programa atópase reforzada con numerosas animacións e elementos sonoros por exemplo: cando queremos clicar na opción xogos, o colocar o curso encima desa palabra unha voz lera a mesma, o que facilita a comprensión do que a continuación vas a facer, e como neste exemplo esta situación repítese en todas as opcións que nos oferta Pepón. Ademais desto a explicación dos xogos realizase por medio de elementos sonoros reforzados e acompañados de animacións.


O programa respeta totalmente a diversidade e diferenzas raciais ou de xénero e cultura posto que os personaxes das actividades que contén son animais e bonecos que carecen desta distinción e que polo tanto non fan diferenzas nin discriminacións de ningún tipo.